Precio:
24,00
N. Pág:
184
N. Edic:
1

GALAICOS


ALVARELLOS EDITORA
  • 9788416460496
  • 30 de Octubre de 2018
  • 19 cm. x 20 cm.
  • Gallego
  • -
  • 184
  • 24,00
  • Libro
    Tapa blanda / Bolsillo (papelería)
Cantidad:
Resumen:
O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España con maior densidade de xacementos arqueolóxicos. Esta guía, coeditada por Alvarellos Editora e a Deputación de Pontevedra, mostra 2.000 anos de historia de Galicia ?dende a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo? a través de vinte emblemáticos xacementos, ubicados na provincia de Pontevedra. "Galaicos, un pobo entre dous mundos" ofrece un amplo e atractivo despregue gráfico, que inclúe 160 impactantes fotografías e ilustracións, con textos e fichas elaboradas polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nas escavacións: Rafael Rodríguez, Antoni Nicolau, Xurxo Ayán, Diego Piay e Mª Luisa Castro. Eles levarannos a coñecer, de primeira man e de xeito didáctico, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único. A guía inclúe un percorrido polos xacementos de A Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Facho, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín ou Adro Vello, entre moitos outros. Apórtanse os resultados das máis recentes investigacións, que sitúan a Galicia, na prehistoria, coma ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, e perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drons.
Envíanos tu comentario
`;