Precio:
17,50
N. Pág:
216
N. Edic:
1

Floreano

GOGUE , 2017

EDICIÓNS XERAIS
  • 9788491212171
  • 11 de Mayo de 2017
  • 23 cm. x 15 cm.
  • Gallego
  • Gallego
  • 216
  • 17,50
  • Cosido
    Tapa dura
17,50 €

Cantidad:
Resumen:
Este libro recolle catrocentas tiras das publicadas por Gogue en “Faro de Vigo” na súa sección “Floreano” organizadas en tres apartados: “De mulleres, chiñas, rubias e varios”, “De curas, monseñores e eminensias” e “De tasas, viños e loureiros”. Constitúe a primeira gran antoloxía dos personaxes creados polo humorista do Grove: Floreano, Monchiña, Epifanio, Cachiña, don Ramón o cura, Charito e Fly. Abre o volume o texto, “Floreano, My Way”, limiar de Alberto Avendaño, director de “Tiempo Latino”.“Floreano e mais eu cumprimos os 25 anos en paralelo, el nas páxinas do “Faro de Vigo” e eu nas rúas migratorias dos Estados Unidos. Eu creo na liberdade de expresión e Floreano é a expresión da liberdade. Floreano é paródico e saudoso, eu vivín a parodia en Galicia e vivo a saudade en Washington. Floreano, aínda que non o pareza, nunca fai comentarios de actualidade transcendental; limítase a doar os seus órganos vitais —cerebro, lingua e outras partes brandas— para o melloramento da humanidade. Eu nunca me atrevería a tanto. Floreano é un heroe accidental, un mártir despistado, un home sen segundas porque pensa que conduce un coche automático. Niso tamén somos diferentes. Floreano debe ser declarado Patrimonio Intanxible da Humanidade aínda que a el o que máis lle gusta é tocar. (...)Se lle preguntas a Floreano como lle vai a vida, espétache: My Way! Se mo preguntas a min, eu dígoche: Do carallo! E cando Floreano e mais eu cantamos a dúo, con Sinatra na casete do dous cabalos gris, e chega aquilo de I did it my way!, nós os dous —que non falamos galego normativo— erguemos as cuncas de tinto ao ceo e aturuxamos en perfecta de-sintonía: Man-da-ca-ra-lloooooo!Gracias, GOGUE. Thank you, Floreano.”Do limiar de Alberto Avendaño
Envíanos tu comentario
`;