Precio:
15,89
N. Pág:
None
N. Edic:
-

De verbo a verbo. Documentos en galego anteriores a 1260


SERVIZO DE PUBLICACIÓNS E INTERCAMBIO CIENTÍFICO DA USC
  • 9788498874129
  • 16 de Noviembre de 2009
  • - cm. x - cm.
  • Gallego
  • -
  • -
  • 15,89

15,89 €

Cantidad:
Resumen:
Esta obra contén no seu cerne a edición de cincuenta documentos notariais producidos en galego entre ca. 1225 e ca. 1260, lidos directamente sobre os orixinais, senón un caso excepcional (nº 6), que é un traslado cronoloxicamente moi próximo ao orixinal. Incluímos en apéndice cinco documentos máis anteriores a 1260, pero aos que non temos acceso directo porque se extraviou o orixinal e soamente os coñecemos ben mediante edición realizada nos nosos tempos (B, C, D), ben mediante copia coetánea (A e E). O criterio para a escolla dos documentos foi a lingua en que están escritos: o galego sensu strictu, isto é, sen incluír o portugués1. A inmensa maioría dos documentos foron redactados dentro do dominio lingüístico galego, pero hai algún exemplo procedente do exterior deste (nº 16, datado en Sevilla). Por tanto, a colección que presentamos acolle o groso da ?produción primitiva? en lingua galega, se por tal entendemos a producida en escrita romance (por oposición á latina medie val) e cun grao de definición idiomática indiscutible por oposición aos textos híbridos ou fronteirizos.
Envíanos tu comentario
`;