Precio:
34,10
N. Pág:
240
N. Edic:
1

Contos de Grimm


EDICIÓNS XERAIS
  • 9788483023211
  • 3 de Diciembre de 1998
  • 30 cm. x 23 cm.
  • Gallego
  • -
  • 240
  • 34,10
  • Cosido
    Tapa dura
34,10 €

Cantidad:
Resumen:
Este fermoso libro de agasallo inclúe os mellores contos dos irmáns Grimm, traducidos para o galego por Xabier R. Baixeras e ilustrados por algúns dos máis destacados ilustradores do estado. Esta dobre antoloxía vén precedida dunha introducción de Gustavo Martín Garzo, suxestivamente titulada " Teoría do final feliz " e remata cun emotivo " Lembranzas dos irmáns Grimm " , escrito por Herman Grimm, fillo de Wilhelm e sobriño de Jacob. Javier Serrano realizou a ilustración da cuberta, que reune os irmáns Grimm con tódolos seus personaxes. Miguelanxo Prado ilustrou o primeiro dos contos, " O lobo e os sete cabritos " e " Os músicos de Bremen " . Fino Lorenzo, o outro representante galego nesta antoloxía da ilustración, encargouse de " Nabiña " e " Os mensaxeiros da morte " . Silvia Blanco de " O fiel Xoán " e " Os mensaxeiros da morte " . Tino Gatagán de " Hänsel e Gretel " e " Brancaneves " . Javier Zabala de " O pescador e a súa muller " e " A viaxe de Polgariño " . Pablo Díaz de " O xastriño valente " e " Brancaneves e Rosavermella " . Miguel Calatayud de " A Cincenta " e " O paxaro de ouro " . Jesús Gabán de " Carapuchiña Vermella " e " A Bela Dormente " . Federico Delicado de " Os seis cisnes " e " A raíña das abellas " . Por último, María Jesús Santos de " Polgariño " e " A laverca cantareira e saltareira " . Cada un dos contos recolle tres ilustracións, unha a toda páxina, e outra de entrada e saída do texto. A edición moi coidada, a magnífica traducción, a encadernación en cartoné, o grande formato, o acabado en plastificado mate, e o prezo moi axustado fan deste volume un estupendo agasallo para o Nadal.
Envíanos tu comentario
`;