Precio:
37,42
N. Pág:
368
N. Edic:
-

Bioloxía e xeoloxía. 1 Bacharelato. Celme


XERME
  • 9788498545210
  • 1 de Mayo de 2015
  • 29 cm. x 22 cm.
  • Gallego
  • -
  • 368
  • 37,42
  • Tapa blanda o Bolsillo
Cantidad:
Resumen:
Un proxecto enfocado á aprendizaxe da Bioloxía e Xeoloxía baseado nos contidos curriculares e na práctica na aula, todo isto adaptado ás necesidades e aptitudes de cada curso. O libro do alumno ofrece un gran número de actividades teóricas, prácticas, competenciais e interactivas que pretenden contribuír ao desenvolvemento das competencias básicas. Préstase unha especial atención ás novas tecnoloxías a través de vídeos, actividades interactivas e animacións co fin de introducir os alumnos na sociedade da información e facilitar, ao mesmo tempo, a gran cantidade de posibilidades que as novas tecnoloxías ofrecen para esta materia.O proxecto CELME ofrece un tratamento integral na área de Bioloxía e Xeoloxía, cuxos principais sinais de identidade son:—PARTIMOS DE INTERROGANTES E SITUACIÓNS PRÓXIMAS AO ALUMNO: Con imaxes e ilustracións contextualizadas moi afíns á realidade máis próxima, para provocar a motivación por aprender e conseguir así unha aprendizaxe significativa.—APOSTAMOS POLA EXPERIMENTACIÓN: É necesario comprender para aprender e aprender facendo. Propoñemos utilizar métodos da ciencia a través de experiencias sinxelas na aula que obriguen os alumnos a participar activamente na súa aprendizaxe, e ademais propoñemos un traballo de investigación no apartado Ciencia en acción.—CELMEDIXITAL OFRÉCECHE UN CONTORNO DE TRABALLO PERSOAL: Integra ferramentas do mundo dixital que enriquecerán as túas clases de xeito sinxelo e seguro. Poñemos as TIC ao servizo da ciencia, e diversificamos o tipo de actividades.
Envíanos tu comentario
`;