Precio:
8,00
N. Pág:
None
N. Edic:
1

ACTA DE VÍTIMAS


EDICIÓNS LAIOVENTO, S.L.
  • 9788484873396
  • 3 de Enero de 2018
  • - cm. x - cm.
  • Gallego
  • Gallego
  • -
  • 8,00

8,00 €

Cantidad:
Resumen:
Lalín, outono do 1946. O avogado Román Ulloa recibe o encargo de convencer aos descendentes dunha familia fidalga republicana para que vendan o seu pazo a un alto mando afín ao réxime, encaprichado coa propiedade. Así comeza Acta de vítimas, novela sobre os abusos seudolegais amparados polo franquismo, e recreación dunha época terrible na que o medo era rasgo definitorio dunha sociedade sometida. As sutís presións, as medias verdades susurradas, a tensión ambiental permanente, conforman a contorna na que respiran día a día unha galería de personaxes que abranguen un amplo mostrario de actitudes: desde o colaboracionismo activo ata o forzado, pasando pola resignación cabal e os brotes illados de rebeldía. Pero, como o impulso de vivir sobreponse a todo, nestas páxinas hai tamén cabida para a tenrura, a lembranza, o agarimo, o humor? e os arroutos de dignidade mesmo no contexto máis hostil e opresivo. A multitude de caracteres secundarios que poboan o relato complementan unha visión daquela Galicia desapacible e gris, especialmente para as vítimas sen acta que as recoñecera como tales.
Envíanos tu comentario
`;