Precio:
12,50
N. Pág:
120
N. Edic:
1

A noite do moucho


EDITORIAL GALAXIA, S.A.
  • 9788498652406
  • 20 de Diciembre de 2009
  • 21 cm. x 13 cm.
  • Gallego
  • -
  • 120
  • 12,50
  • Libro en otro formato
12,50 €

Cantidad:
Resumen:
Trátase dun texto non definitivo, mais si completo e rematado, que Anxo Rei Ballesteros empezou a escribir a man en Codeso (Boqueixón) no mes de agosto do 2007 e que estaba a pasar a unha versión final mecanoscrita cando a enfermidade lle impediu continuar. Tanto o manuscrito como a parte mecanografada foron profusamente corrixidas polo autor, correccións que esta edición recolle. Na novela, un vello cóntalles a uns mozos a historia de Aurelio, que intenta fuxir dunha morte segura, a mans duns falanxistas, pouco despois da sublevación militar de 1936. Rei Ballesteros aborda nela algunhas das preocupacións principais da súa singular e inesquecible obra literaria. A idea da identidade como máscara, o tempo e a linguaxe como xeitos de expresión da incerteza da realidade. Entre as características literarias desta obra destaca o papel da oralidade como método narrativo; o autor opta pola palabra dinámica, achegada á fala, en prexuízo da lingua formalizada. En A noite do moucho, a comunicación oral é fundamental para facer da obra literaria un texto no que o receptor atope, coma nun diálogo, a posibilidade de participar, de cuestionar a verdade do escrito.
Envíanos tu comentario
`;