Precio:
16,40
N. Pág:
176
N. Edic:
1

A flor da auga


EDICIÓNS XERAIS
  • 9788497824286
  • 6 de Abril de 2006
  • 22 cm. x 14 cm.
  • Gallego
  • -
  • 176
  • 16,40
  • Con solapas
    Tapa blanda o Bolsillo
16,40 €

Cantidad:
Resumen:
Este libro, segundo da colección " Lendas de Galicia " , preparada por Xosé Miranda e Antonio Reigosa, recolle cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga, proveña esta de fontes, dos ríos, do mar ou do ceo, xunto cos seres da mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais. A flor da auga é a que se colle ao raiar o sol sobre a tona da auga das fontes ou do mar no amencer do día de San Xoán, representando o renacer cíclico anual, a volta ao comezo coma se o vello, o pasado, quedase borrado e tivésemos a oportunidade de volver a comezar. A auga na nosa literatura popular ten consideración de ser vivo: nace, come, dorme, anda e ata morre. Dá e quita a vida, cura, limpa, fertiliza, purifica, mais tamén afoga, cobr vidas de homes e animais, e ata pode asolagar vilas e cidades enteiras que se chaman Alcaparra, estabañón, Vilachá, Roma, Veiga do Real..., e moitas outras. Auga prodixiosa, pois, que tanto fai pola beleza, polo amor e pola vida, e que forma parte das crenzas herdadas dos nosos devanceiros. A recuperación de todos estes mitos e crenzas galegas arredor da auga é o propósito deste volume.
Envíanos tu comentario
`;