Precio:
17,90
N. Pág:
264
N. Edic:
1

A estrela dos polisóns


EDICIÓNS XERAIS
  • 9788497820394
  • 18 de Noviembre de 2003
  • 22 cm. x 14 cm.
  • Gallego
  • -
  • 264
  • 17,90
  • Con solapas
    Tapa blanda o Bolsillo
17,90 €

Cantidad:
Resumen:
Recaredo Rey, o torreiro soñador e único habitante da illa bocana, recolle nunha praia a Amaro Mengoti, un rapaz de trece anos de familia acomodada que naufragou na gamela Barandoñas cando saíu a pescar ao facho con Minguiños, o seu amigo de Beluxo. Amaro aprenderá deste fareiro astrónomo e panteísta, de espírito robinsoniano e tocado polo mal da melancolía, a identificar no firmamento Liberia, a estrela que guiará coma un calabrote invisible a sorte deste rapaz. Recaredo e Amaro, tecidos polas puntadas que a amizade dá no corazón, unirán as súas vidas ao mar; fuxidos da policía e polisóns no cargueiro " La Negrita " en rota cara Guinea, compartirán con pilotos e mariñeiros, personalidades esculpidas en mármore, os perigos do mar, un magma en permanente facerse e desfacerse que está a marxe da carreira da vida e da existencia. " A estrela dos polisóns " , a volta narrativa de Luís Rei Núñez, despois de " Expediente Artieda " , Premio Xerais de novela 2000, é unha novela de iniciación e memoria que reconstrúe con fidelidade e emoción un ano de vida dun rapaz no seu salto á adolescencia, toda unha aprendizaxe do desencanto.Unha grande historia de amizade, mar e aventuras que a converten nunha novela das de sempre.
Envíanos tu comentario
`;