Precio:
19,00
N. Pág:
160
N. Edic:
1

A Coruña, pasado e presente


HÉRCULES
  • 9788412167887
  • 6 de Julio de 2020
  • 16 cm. x 24 cm.
  • Gallego
  • -
  • 160
  • 19,00
  • Con solapas
    Tapa blanda o Bolsillo
19,00 €

Cantidad:
Resumen:
Carmen Martínez Torrón e mais Xosé Castro Roig son dous coruñeses deses «de toda a vida». Con este proxecto repasan ?mediante fotos antigas extraídas de álbums familiares propios e alleos? o pasado da nosa cidade, a súa evolución e os seus cambios, que discorren paralelos á vida dos retratados. A Coruña foi e é unha cidade de emigración e de inmigración, berce de grandes políticos, de intelectuais e de literatos. O seu mesmo trazado urbanístico responde a unha longa historia de asedios, de comercio ultramarino, de pescadores e comerciantes, de ensanche e expansión por terra e por mar, de lecer e recreo. Como bos coruñeses que son, Carmen e Xosé aman e critican a súa cidade a partes iguais, porque a queren. Pero, como calquera outro coruñés, cando alguén de fóra quere facerlles de menos, únense e sacan esa María Pita que todos levamos dentro. Non en balde, somos os tataranetos dos que resistiron o desapiadado ataque do corsario Drake. Este libro é, en fin, unha cariñosa homenaxe aos coruñeses e á nosa novelesca Marineda.
Envíanos tu comentario
`;